Programa Erasmus para Mozos Emprendedores

11 de setembro de 2017

O "Programa Erasmus para Jóvenes Emprendedores" axuda ás persoas aspirantes europeas a empresarios e aempresarias a adquirir as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. Os/as novos/as emprendedores/as adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios/as experimentados/as cos que conviven e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses.

Como novo/a emprendedor/a beneficiaraste dunha formación en prácticas nunha pequena ou mediana empresa en calquera outro país participante. Esto facilitará un bo comezo do teu negocio ou fortalecerá a túa nova empresa. Tamén poderás beneficiarte do acceso a outros mercados, da cooperación internacional e das posibilidades de colaboración con socios/as no estranxeiro.

O apoio financeiro para os/as novos/as emprendedores/as cubre en parte os gastos da vizxe e da propia estadía. Do pago da bolsa encárgase o punto de contacto local elexido polo/a novo/a emprendedor/a (rexistrado na solicitude en liña). O/a novo/a emprendedor/a e o seu punto de contacto local asinan un acordo que determina a contía da bolsa concedida para a estadía e cómo se efectuará o pago na práctica. 

Os/as empresarios/as noveis e experimentados que desexen participar no programa de intercambio de emprendedores/as deben acceder á ferramenta de inscrición e elegir o punto de contacto local que prefiran. Ese punto de contacto local debe operar no país de residencia do/da empresario/a, xa que será o punto de contacto e de orientación durante todo o proceso. Os/as empresarios/as que vivan nunha dos poucos países que non dispoñen de puntos de contacto locais poden rexistrarse a través dun punto de contacto local situado en outro país europeo da súa elección.

Máis información: na web do programa, pincha aquí.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal