DIRECTIVOS E DIRECTIVAS POR UN DÍA

A Asociación Española de Directivos é unha entidade de ámbito estatal que promove o fomento da función directiva, contribuindo ao desenvolvemento profesional das persoas que o compoñen e impulsando o diálogo en torno a todas as temáticas relacionadas coa xestión das organizacións.

Co obxectivo de poñer en valor a función directiva no ámbito universitario, contribuíndo ao desenvolvemento profesional de estudantes de titulacións vencelladas a esta función, AED, en colaboración coa Fundación Junior Achievement, pon en marcha a inciciativa Directivos e Directivas Por Un Día, a través da que proporcionará a estudantes universitarios a posiblidade de manter contacto directo nun entorno de traballo cotián con persoas que desenvolven funcións directivas en empresas da contorna xeográfica.

OBXECTO DA CONVOCATORIA

O obxecto desta convocatoria é a elaboración dun listado de persoas candidatas pola Universidade de Vigo para participar no programa formativo Directivos e Directivas Por Un Día organizado pola Asociación Española de Directivos que ten como finalidade o fomento da vocación directiva e emprendedora entre os mozos e mozas universitarios en todo o territorio nacional.

Nunha segunda fase, que será xestionada directamente por AED, o obxectivo do programa Directivos por un día será a asignación individual dun mentor ou mentora profesional co que compartir en primeira persoa a súa labor na empresa durante unha xornada laboral, o que permitirá aos e as estudantes adquirir coñecementos e competencias a desenvolver para acceder en mellores condicións ao mercado de traballo.

PERSOAS DESTINATARIAS

1. Poderán presentar a súa candidatura:

Estudantes da Universidade de Vigo que estean matriculados en 3º e 4º cursos das seguintes titulacións:

  • Grao en Administración e Dirección de Empresas.
  • Grao en Economía
  • Doble grao en ADE-Dereito

SELECCIÓN DE CANDIDATURAS

Recibidas as solicitudes de participación, a comisión de selección elaborará un listado coa seguinte distribución por titulación:

  • Administración e Dirección de Empresas - 16 persoas
  • Economía - 4 persoas
  • ADE-Dereito - 10 persoas

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Outorgando prioridade aos estudantes de 4º curso sobre os de 3º, a selección de persoas candidatas realizarase en cada ámbito en base ao seu expediente académico (Media do protocolo SUG-2011 en Base 10) na data de remate do prazo de solicitudes.

Tendo en conta os anteriores criterios, na selección de candidaturas para as titulacións de Administración e Dirección de Empresas así como de doble grado en ADE-Dereito establécese un cupo mínimo do 30% por cada campus no que se impartan os devanditos estudos.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Até o 27 de marzo de 2018, inclusive.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

A inscrición deberá realizarse a través do formulario on-line de secretaría virtual abaixo dispoñible.

O documento pdf resultante desta inscrición deberá ser impreso, asinado e dirixido por rexistro, xunto cunha copia do DNI, á Área de Emprego e Emprendemento.



 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal