ITMATI: contratación de investigadores/as para proxecto “Modelización matemática, simulación numérica e desenvolvemento de sistemas de xestión en tempo real de baterías para vehículos eléctricos”

18 de decembro de 2017

PROXECTO: Modelización matemática, simulación numérica e desenvolvemento de sistemas de xestión en tempo real de baterías para vehículos eléctricos.

REFERENCIA DA OFERTA: ITMATI-OT-21/2017.

DESCRICIÓN DOS POSTOS: ata un máximo de 3 contratos como investigador/a.

As liñas de investigación están relacionadas con:
1. o desenvolvemento de técnicas matemáticas e computacionais que permitan modelar, simular e deseñar sistemas de xestión de baterías.
2. a modelización e simulación numérica de dispositivos de almacenamento de enerxía novedosos.

As ofertas enmárcanse no Acordo Marco de Colaboración Tecnolóxica entre Repsol S.A. e o Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial.

PERFÍS DAS CANDIDATURAS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as, e Mestrados relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñaría e a Informática.

FORMACIÓN E MÉRITOS XERAIS A VALORAR (35 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas):
- Expediente académico.
- Grao de afinidade das titulaciósn cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial.
- Coñecemento i experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas.
- Coñecementos de inglés.

ENVÍO DE SOLICITUDES
As personas interesadas deberán enviar antes do 29 de decembro de 2017 ás 14:00 horas as solicitudes, que deberán incluir unha carta de presentación que resuma a súa traxectoria coa formación e métodos xerais a valorar así como as experiencias adicionais que esixe a convocatoria, currículum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico) e os expedientes académicos. Se se estima oportuno, tamén se pode achegar cartas de recomendación. Toda a documentación remitirase por correo electrónico a: itmati@itmati.com indicando no “asunto” a referencia da oferta. Confirmarase a recepción mediante correo electrónico.

Máis iformación: aquí e no PDF achegado.
 

Documentos:

icono_pdfDocumento PDF

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal