PRÁCTICAS NO TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UE

23 de abril de 2018

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ofrece cada ano un número limitado de prazas para realizar prácticas remuneradas, dunha duración de cinco meses. As prácticas desenvólvense principalmente nas Direccións de Tradución, de Investigación e Documentación, de Comunicación, de Protocolo e de Visitas, no servizo do Conselleiro xurídico para asuntos administrativos, na Secretaría d Tribunal Xeral e na Dirección de Interpretación.

Hai dous períodos de prácticas:
– do 1 de marzo ao 31 de xullo (presentación de candidaturas do 1 de xullo ao 15 de setembro de cada ano)
– do 1 de outubro ao 28 de febreiro (presentación de candidaturas do 1 de febreiro ao 15 de abril de cada ano).

As candidaturas, que deben posuír un título universitario en Dereito ou Ciencias Políticas (especialidade Dereito) o, para as prácticas na Dirección de Interpretación, un título de intérprete, deberán presentar as súas candidaturas a través da aplicación EU CV Online nos prazos fixados.

O importe da bolsa ascende a 1 120,00 € netos/mes.

Por razóns de servizo, é conveniente posuír un bo coñecemento do francés.

Máis información: na web.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal