Prácticas remuneradas en Telefónica para estudantes e titulados/as

28 de agosto de 2018

Telefónica a través da plataforma Talentum ofrece un programa de prácticas con 60 practicas dispoñibles para estudantes e recen titulados/as de grao ou mestrado. Unha vez superado o proceso de selección, o período de prácticas comenzará en outubro de 2018. Hai posibilidades de contratación unha vez finalizado o período da bolsa de prácticas.


As prácticas realizaranse nas oficinas de Telefónica en Madrid, Barcelona, Granada, Huesca e Valladolid.


Podrán optar a estas prácticas estudantes das seguintes titulacións, entre outras: Telecomunicacións, Enxeñaría Informática, Publicidade ou Recursos Humanos e ter completado ao menos o 50% dos créditos totais do grao.


As prácticas para estudantes acollense ao programa START da Fundación Universidad-Empresa con duración de 6 meses prorrogables. As prácticas para recen titulados/as acollense ao programa GAIA da Fundación Universidad-Empresa.


Máis información dende as seguintes ligazóns das páxinas de Teléfonica ou Talentoteca

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal