6ª Edición de Alstom Talent Energy

10 de setembro de 2018

alston

 
Alstom España, empresa do sector ferroviario, ofrece 30 prazas de formación práctica remunerada en Madrid e Barcelona de duración 12 meses e a financiación do Mestrado Gaia en Decision Making and Innovation. A remuneración económica é de 950€ brutos mensuais. A incorporación ás prácticas é o 19 de novembro.


Requisitos:
- Recentemente titulados/as de Grao/Mestrado en Informática, Telecomunicacións, Deseño Industrial, Matemáticas, Calidade, Ciencias Ambientais, Comunicación ou Administración de Empresas.
- Nivel alto de inglés.


Prazo: ata o 15 de outubro de 2018


Máis información e rexistro en www.talentoteca.es/alstom

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal