Prácticas retribuídas no Comité Europeo das Rexións

14 de setembro de 2018

CDR

CONVOCA: Comité Europeo das Rexións (CDR)

OFRÉCESE
O Comité Europeo das Rexións (CDR) oferta anualmente prácticas remuneradas cunha duración de cinco meses, para graduados/as de universidad, co obxectivo de por en práctica os coñecementos adquiridos durante os seus estudos nunha institución da Unión Europea.
As prácticas realizaranse na tempada de primavera, do 16 de febreiro ao 15 de xullo de 2019. (A lo longo do ano, abrirase outro período de prácticas correspondente á tempada de outono).
Cada bolseiro/a será asignado a un departamento específico do CDR, polo que a natureza do traballo que desempeñe dependerá da unidade na se lle asigne.

REQUISITOS
- Ser nacional dun dos Estados Membros da Unión Europea ou dalgún dos Estados candidatos á adhesión.
- Ter completado alomenos un primeiro ciclo dun curso de educación superior e ter obtido unha titulación ao rematar o prazo de inscrición.
- Ter coñecementos avanzados nunha das linguas oficiais da Unión Europea e coñecementos medios dalgunha outra lingua de traballo (francés ou inglés).

FORMA DE CANDIDATARSE
As persoas interesadas deberán enviar ás súas solicitudes vía online, a través do formulario de inscrición habilitado na páxina web do CDR, dispoñible en inglés, francés ou alemán.

PRAZO: ata o 30 de setembro de 2018

MÁIS INFORMACIÓN
Correo electrónico: trainee@cor.europa.eu
Prácticas Comité Europeo das Rexións

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal