L´Oréal UNBOX SUPPLY CHAIN 2019

19 de decembro de 2018

L´Oréal busca estudantes de grao, mestrado, ou recentemente graduados e graduadas en áreas de enxeñaría, que posúan curiosidade e creatividade, que teñann un forte espíritu empresarial e sobre todo, que teñan ganas de aprender e pasarlo en grande!!!!!

Ofrecen unha experiencia nunca antes desenvolvida…

Están buscando aos/ás 40 mellores estudantes nesta área a nivel mundial para asistir ao primeiro “Hackathon” na área de Supply da compañía, baixo o nome de UNBOX SUPPLY CHAIN.

O evento terá lugar os días 21 e 22 de marzo na súa sede en París, e L´Oréal encargarase de financiar todos os custes asociados á viaxe, así como a estadía en París das persoas finalistas.

Queren contar coa visión dos mozos e mozas con talento sobre o negocio e a área de Operacións, o que lle pode aportar un gran valor engadido de cara á súa xestión. O seu obxectivo é intercambiar coñecementos, destacar a importancia e o impacto da transformación dixital na área de Operacións e brindar unha formación de calidade da man dos/as mellores profesionais.

O proceso de selección en España levarase a cabo o día 13 de febreiro nas súa sede en Madrid, e consistirá na resolución dun Business Case real na área de Operacións dentro da compañía, valorado por profesionais de L´Oréal da área de Supply. Só os/as 5 mellores estudantes españois terán a posibilidade de ir a Paris.

Ao mesmo tempo,  as persoas finalistas do proceso poderán optar a ter unha bolsa con posibilidade de incorporación ao cadro de persoal na área de Supply, en L´Oréal España, na sede de Madrid. Por esta razón, un dos requisitos dos/as 5 finalistas será a posibilidad de formalizar Convenio de Prácticas durante 6 meses mediante vinculación académica. Por outro lado, a dispoñibilidade de xornada completa para levar a cabo a bolsa a partir de abril de 2019 tamén será necesaria.

Se tes interese en desenvolverte na área de Operacións dunha compañía multinacional e estás buscando ampliar os teus coñecementos, e pasarlo en grande, Hackathon é o camiño, e L´Oréal o teu destino!

Enlace á inscrición: aquí.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal