AXUDAS PARA CONTRATOS PREDOUTORAIS PROGRAMA “SALVADOR DE MADARIAGA”

7 de xaneiro de 2019

CONVOCA: Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Secretaría de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación
OBXECTO: formación de doutoramento nas áreas de ciencias humanas e sociais, historia, dereito, economía e ciencias políticas e sociais do Programa "Salvador de Madariaga", no Instituto Universitario Europeo (IUE) en Florencia.

DESCRICIÓN:
- Prazas: 12
- Duración: Máximo 4 anos
- Dotación: 1.400 euros mensuais durante os dous primeiros anos e de 1.500 euros mensuais durante o terceiro e cuarto ano, máis dúas pagas extraordinarias cada un dos catro anos.

REQUISITOS:
- Persoas que estean posesión do título de licenciatura, grao ou de mestrado ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, que queiran realizar o doutoramento no Instituto Universitario Europeo de Florencia, en ditos campos.
- Deberán ter rematado e acreditar estar en posesión do título que lles dea acceso ao doutoramento con anterioridade ao día 10 de xullo de 2019.
- Menores de 30 anos no momento de incorporarse ao Instituto.
- Posuír o Certificado del Nivel C1 de inglés.

SOLICITUDES: cumprimentaranse nos formularios que o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades fará accesible na sede electrónica e nos formularios do IUE de acordo cos procedementos publicados na súa web.

PRAZO: ata o 31 de xaneiro de 2019

MÁIS INFORMACIÓN: Extracto da Resolución, de 20 de decembro de 2018, da Secretaría de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación pola que se convocan axudas para contratos predoutorais do Programa "Salvador de Madariaga" no Instituto Universitario Europeo para o ano 2019. BOE 26 de decembro 2018.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal