LECTORADOS MAEC-AECID EN UNIVERSIDADES ESTRANXEIRAS 2019/2020

7 de xaneiro de 2019

CONVOCA: Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).

OBXECTO: ensinar español nas universidades estranxeiras relacionadas na convocatoria que contribúan ao fortalecemento e promoción do ensino do español, á formación e á adquisición de experiencia docente dos lectores no ensino do español como lingua estranxeira.

DESCRICIÓN:
- Dotación: mensual variable segundo país e universidade de destino, axuda de viaxe, seguro de asistencia en viaxe e de accidentes, ata 200€ para a adquisición de material didáctico para o ensino do español e bolsas de viaxe en compensación por gastos para asistir a reunións de lectores sobre temas ou actividades relacionadas coas funcións propias do programa de lectorados.

REQUISITOS:
- Solicitantes dun lectorado vacante ou novo: cidadáns de España, con idade non superior aos 37 anos no primeiro día do mes de inicio do lectorado, que cumpran todos os requisitos establecidos na base segunda da convocatoria.
- Solicitantes de renovación de lectorado: cidadáns de España que ostenten a condición de lector MAEC-AECID por un período consecutivo inferior a tres cursos académicos na mesma universidade, que cumpran todos os requisitos establecidos na base segunda da convocatoria.

PRAZO:
- Lectorados vacantes ou novos: do 21 de xaneiro ata o 11 de febreiro de 2019.
- Lectorados de renovación con inicio entre os meses de xuño e decembro de 2019: do 21 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2019.
- Lectorados de renovación con inicio en xaneiro de 2020: do 24 de abril ao 13 de maio de 2019.

MÁIS INFORMACIÓN: Extracto da Resolución da Presidencia da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento pola que se aproba a Convocatoria de Lectorados MAEC-AECID en Universidades Estranxeiras para o curso 2019/2020. BOE 20 de decembro 2018.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal