Técnico/a de Compras con coñecemento de Inglés/Francés- Ampliado o Prazo

OE-AEE-18-0063

20 de novembro de 2018

Tipo convocatoria
Ofertas de emprego
Data Inicio Publicación
20 de novembro de 2018
Data Fin Publicación
31 de xaneiro de 2019
Entidade Xestora
SOFTTEK
Posto de traballo
Técnico/a de Compras con coñecemento de Inglés/Francés- Ampliado o Prazo
Funcións
Recibir e procesar requirimentos de compra. Identificar provedores alternativos e pedir orzamentos negociando aforros. Xerar ordes de compra e confirmalas co provedor seleccionado. Garantir a entrega do material ou servizo segundo as condicións, a data e o prezo acordado. Resolver incidencias de entrega ou problemas que impidan o pago das facturas. Xestionar e manter a base de datos de provedores de acordo ás regras do negocio así como a negociación dos termos e condicións. Colleitar a documentación necesaria para xestionar a devandita base de datos. Elaborar reportes.

OFRÉCESE:
Tipo de contrato: contrato en prácticas.
Nº de prazas: varias.
Duración: 12 meses prorrogables.
Nivel de estudos requirido
Recén titulados/as
Coñecementos
RECENTEMENTE TITULADOS/AS DA UNIVERSIDADE DE VIGO EN: Licenciado en Tradución e Interpretación (Español-Francés), Licenciado en Tradución e Interpretación (Español-Inglés), Licenciado en Tradución e Interpretación (Galego-Francés), Licenciado en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés), Grao en Tradución e Interpretación (Español-Francés), Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés), Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Francés), Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés), Grao en Linguas Estranxeiras, Licenciado en Filoloxía Inglesa, Grao en Comercio

IMPRESCINDIBLE coñecementos de: Inglés e Francés, nivel C1; Ofimática, Internet e redes sociais.
Valorarase coñecemento doutros idiomas, nivel B2.

Competencias transverais requiridas para o posto: capacidade de aprendizaxe autónoma; adaptabilidade a novas situacións; capacidade para xestionar a presión, asumir responsabilidades e resolver problemas; liderado; capacidade para traballar en equipo, nun contexto multicultural e/ou internacional; compromiso ético no traballo; comunicación oral e/ou escrita.
Tipo de contrato
C. en prácticas
Duración
12 meses
Remuneración
860.00
Xornada
Completa
Horario
De 09:00 a 18:00 h (1h para comer)
Lugar de traballo
A Coruña
Documentación a presentar
Currículum Vitae actualizado
Entrega de documentación
Por correo electrónico a david.perezg@softtek.com indicando no asunto a denominación do posto solicitado.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal