Consultor/a de Novas Tecnoloxías e Transformación Dixital- Ampliado o prazo

OE-AEE-18-0070

4 de xullo de 2018

Tipo convocatoria
Ofertas de emprego
Data Inicio Publicación
4 de xullo de 2018
Data Fin Publicación
25 de xullo de 2018
Entidade Xestora
GMS MANAGEMENT SOLUTIONS
Posto de traballo
Consultor/a de Novas Tecnoloxías e Transformación Dixital- Ampliado o prazo
Funcións
Conceptualización de solucións tecnolóxicas avanzadas a problemas complexos que requiren un coñecemento elevado e específico dos negocios dos clientes, comprometéndose coa súa implantación efectiva (Análise, Deseño, Desenvolvemento, Implantación e Posta en Produción).
Estes son algúns dos retos aos que che enfrontarás na túa actividade habitual:
- Mellora do proceso de toma de decisións en base a grandes cantidades de información:
- Mellora da calidade da información dispoñible - Mellora da accesibilidade da devandita información
- Sofisticación dos indicadores mediante procesos de cálculo complexos. - Aumento da mecanización de procesos de elaboración de información en contornas multinacionais. - Implantación de ferramentas especialistas. - Decisións asociadas á estratexia de Sistemas.
As solucións que proporcionamos aos nosos clientes utilizan tecnoloxías especialistas:
- Datawarehousing e DataMining - J2EE, Net - OLAP - Contornas micro (Windows, Linux), Medios (UNIX) e Host.

OFRÉCESE:
- Contrato en prácticas
- Incorporación durante todo o ano
Nivel de estudos requirido
Recen titulados/as ou estudantes a punto de rematar a carreira
Coñecementos
DESTINATARIOS: Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, Enxeñeiro de Telecomunicación, Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, especialidade en Sistemas de Telecomunicación, Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, especialidade en Son e Imaxe, Grao en Enxeñaría Informática, Enxeñeiro en Informática , Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión

- Dispoñibilidade para viaxar.

- Competencias transversais requiridas para o posto: capacidade para asumir responsabilidades; capacidade para resolución de problemas; capacidade de organización e planificación; capacidade para traballar en equipo; compromiso ético no traballo.

REQUÍRESE: Cumprir os requisitos para a contratación en prácticas. Podes consultalos na páxina: https://www.sepe.es/contenidos/empresas/contratos_trabajo/contrato_en_practicas.html

MÁIS INFORMACIÓN:
• LINK OFERTA https://www.managementsolutions.com/sites/default/files/publicaciones/esp/consultor-negocio-it.pdf
• LINK BROCHURE https://www.managementsolutions.com/sites/default/files/publicaciones/esp/brochure-rrhh-transformacion-it.pdf
• LINK PÁGINA WEB https://www.managementsolutions.com/es
Número vacantes
5
Xornada
Completa
Lugar de traballo
Madrid-Barcelona-Bilbao
Data de incorporación
Incorporación inmediata
Documentación a presentar
Curriculum Vitae actualizado.
Entrega de documentación
Por e-mail: recursos.humanos@managementsolutions.com, indicando a denominación do posto
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal