CONVOCATORIA INCUVI AVANZA 2018

imagen incuvi avanza

A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Estudantes, en colaboración coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, publica a convocatoria das axudas Incuvi-Avanza 2018.

OBXECTO

Ampliar o apoio a aqueles proxetos empresariais máis viables e con potencialidade dos galardoados cun premio Incuvi na convocatoria do exercicio 2017.

DESTINATARIOS

  • Estudantes ou persoas egresadas da Universidade de Vigo que resultaran gañadores ou obtivesen unha mención honorífica na convocatoria de INCUVI-Emprende publicada por R.R do 15 de decembro de 2016 e que lles deu dereito á participación no programa INCUVI-Emprende durante o ano 2017, sempre que cumpliran durante o período de preincubación cos compromisos asinados na formalización de ocupación dos espazos, teñan elaborado o correspondente plan de empresa durante o devandito período e a súa solicitude teña como finalidade continuar o desenvolvemento do proxecto co que concurriran a Incuvi-Emprende.
  • Os proxectos poderán ser presentados individualmente ou en grupos dun máximo de catro persoas.
  • Alomenos o 50% dos solicitantes vinculados a cada proxecto Incuvi-Avanza deben ser membros orixinais do equipo no momento en que presentaron a súa solicitude a Incuvi-Emprende.
     

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

A inscrición deberá realizarse a través do formulario on-line.

O documento pdf resultante desta inscrición deberá ser asinado por todos os membros e dirixido, a través de rexistro edentro do prazo de presentación de solicitudes, á Área de Emprego e Emprendemento.

Todos os proxectos deben enviar ademais un correo electrónico ao enderezo areaemprego@uvigo.es co asunto AVANZA – “NOME DO PROXECTO” achegando a seguinte documentación:

  • Memoria do plan de empresa, facendo constar expresamente que se trata dunha proposta orixinal.
    A devandita memoria debe incluir unha análise estratéxica, plan de marketing, plan de operacións, plan de recursos humanos, plan económico-financieiro e forma xurídica da empresa.

    Valorarase a entrega dun modelo de negocio Canvas e a súa explicación.
  • Carta de interese na que as persoas solicitantes xustifiquen a súa motivación na participación desta edición, así como as súas expectativas no caso de resultar gañadoras.

No caso de que algún dos compoñentes do equipo non fora membro orixinal do grupo na convocatoria de INCUVI-Emprende deberá achegar tamén:

  • Currículum Vitae.
  • Copia do DNI

Opcionalmente, poderase completar esta documentación cun video de presentación do proxecto en formato .mp4 de duración non superior a 2 minutos.

 

PRAZO
Ate o 26 de marzo de 2018


AXUDAS

Concederanse axudas a dous proxectos:

Fase I

1. Cesión gratuíta dun espazo de traballo durante un ano.

  • Campus de Ourense: Centro de Investigación, Transferencia e Innovación de Ourense (CITI), 1 espazo.
  • Campus de Vigo: Parque Empresarial e Terciario Porto do Molle (Consorcio Zona Franca de Vigo), 1 espazo.

2. Disposición dun equipo de expertos que asesorarán e mentorizarán os proxectos durante un ano.

 

Fase II - supeditada á constitución como empresa do proxecto e a ocupación do espazo.

1. Unha axuda económica de hasta 3.000€ para facer fronte a custos e investimentos derivados da posta en marcha dos proxectos. 
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal