Apoio ao funcionamento da oficina bancaria, dando soporte na xestión e mantemento.

PE-303-18-0214

21 de setembro de 2018

Tipo convocatoria
Prácticas extracurriculares
Número vacantes
10
Data Inicio Publicación
21 de setembro de 2018
Data Fin Publicación
25 de setembro de 2018
Empresa
DEUTSCHE BANK S.A.E.
Lugar de traballo
Vigo
Duración
6 meses
Remuneración
400 €/mes
Número de Horas Semanais
20
Xornada completa
No
Horario
De luns a venres de 09:00 a 13:00. Data de inicio das prácticas: 19/11/2018
Funcións
Apoio ao funcionamento da oficina bancaria, dando soporte na xestión e mantemento.
-Aprender e coñecer o funcionamento da oficina no relacionado á xestión financeira dirixida a particulares, ao asesoramento financeiro a empresas ou a clientes de banca privada sobre produtos e servizos do banco.
-Dar soporte na xestión e mantemento de patrimonios ou de carteiras de negocio de empresas.
-Dar soporte na planificación e execución da actividade comercial aplicando o modelo de xestión comercial baseado en plans de acción tácticos supervisados polo director do CIF, de privados, de empresas ou de banca privada.
-Axudar ao seguimento de campañas e na elaboración de propostas axustadas ás necesidades dos clientes (particulares, empresas, banca privada).
-Coñecer a carteira de produtos do banco, os produtos en campaña, así como os principais produtos da competencia.
-Coñecer o seguimento da operativa do cliente (transaccións, xestión de cobros, recibos, tarxetas).
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Economía | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Máster Universitario en Finanzas | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Comercio | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Dereito | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Dereito | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  •  

    No caso de estar interesado nesta convocatoria, tes que presentar a seguinte documentación:

    • Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico.

    Lugar de presentación da documentación: Por correo postal ou en man en

    • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo.
    • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo.Campus Universitario. 32004 Ourense
       
    Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal